Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Actividade

Definición:

Trátase da interacción organizada de docentes, discentes e materiais didácticos na aula. As diferenzas entre os distintos métodos de ensino manifestaranse tanto no papel máis ou menos activo que adquire o discente no manexo e tratamento das actividades de aprendizaxe como na propia natureza das devanditas actividades. Así, no método audiolingüe pódese utilizar desde un exercicio de repetición ata a memorización dun diálogo. No método do silencio son comúns as actividades de resolución de problemas que implican o uso de regretas (en inglés, rods) de distintas cores, e no enfoque comunicativo adóitanse empregar tarefas de baleirado e de transferencia da información. En calquera caso, as actividades de ensino deben encaixar nas leccións seguindo unha serie de criterios tales como:

  1. a fase da lección na que os distintos tipos de actividades poden ser útiles;
  2. as destrezas lingüísticas que cada tipo de actividade exercita;
  3. o valor que ten cada clase de actividade; e
  4. o nivel ao que se dirixen as distintas actividades.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Nunan, D. 1989. Designing Tasks for the Communicative Classroom. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Actividad
Inglés: 
Activity
Francés: 
Activité
Alemán: 
Aktivität
Italiano: 
Attività
Polaco: 
Ćwiczenie
Portugués: 
Atividade
Ruso: 
Занятие / процесс
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/actividade, con data de acceso 11/05/2024).