Doughty, C. & Pica, T. 1986. “Information Gap Tasks: Do They Facilitate Second Language Acquisition?” TESOL Quarterly 20: 305-24.
Trátase dun tipo especial de actividade ou tarefa de baleiro informativo, na que o discente precisa información que só posúen outros co fin de completar unha tarefa. Por exemplo, o docente entrega a cada estudante unha lista de pistas coas que conta un detective para resolver un asasinato. A partir de aí cada estudante ten que colaborar de forma activa cos demais membros do grupo para relacionar todas as pistas e así descubrir ao asasino. Cada estudante representa, xa que logo, unha parte do crebacabezas. Ao tratarse dunha actividade na que existe unha negociación de significados e na que todos os estudantes teñen que colaborar de forma obrigatoria, esta actividade é moi común na aprendizaxe cooperativa e no enfoque comunicativo.
Geddes, M. & Sturtridge, G. 1979. Listening Links. London: Heinemann.
Ur, P. 1984. Teaching Listening Comprehension. Cambridge: Cambridge University Press.