Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Actividade de resolución de problemas

Definición:

Tipo de actividade de aprendizaxe moi frecuente no ensino de linguas na que os membros dunha parella ou un grupo teñen que compartir información cos seus compañeiros para resolver un problema determinado. Estas actividades son parecidas ás de consenso aínda que nas de resolución de problemas hai que atopar a solución e non simplemente tratar de chegar a un acordo cos demais. Por exemplo, dous alumnos teñen cada un parte da información sobre as rutas e os horarios de trens entre dous puntos; o "problema" consiste en pescudar cal é a ruta máis rápida para realizar un traxecto determinado.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Klippel, F. 1991. Keep Talking. Communicative Fluency Activities for Language Teaching. Cambridge: Cambridge University Press. 8th print.

Littlewood, W. 1981. Communicative Language Teaching: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una versión traducida al español del año 1996 en la misma editorial).

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Actividad de resolución de problemas
Inglés: 
Problem-solving activity
Francés: 
Activité de résolution de problèmes
Alemán: 
Problemlösungsaktivität
Italiano: 
Attività basata sulla soluzione di problemi
Polaco: 
Ćwiczenie na rozwiązywanie problemów
Portugués: 
Atividade de resolução de problemas
Ruso: 
Упражнение на решение проблем
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/actividade-resolucion-problemas, con data de acceso 12/05/2024).