Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Desviación media

Definición:

En estatística, medida da dispersión dun conxunto de observacións. Consiste en achar a media dos valores absolutos (isto é, sen ter en conta se son positivos ou negativos) das desviacións dunha serie de observacións con respecto á súa media ou á súa mediana. Por exemplo, se consideramos as cualificacións 4, 5, 7 e 8, a súa media é 6, e as desviacións de cada cualificación con respecto á media son, en valores absolutos, 2, 1, 1 e 2; entón a desviación media desas cualificacións con respecto á media será a suma das súas desviacións (6) entre o número de cualificacións (4), é dicir, 1,5. Esta medida utilízase sobre todo con fins descritivos, xa que non é tan sensible a grandes desviacións como o son outras medidas de dispersión, por exemplo, a desviación típica ou o percorrido.

Bibliografía: 

Cruz Ramírez, M. 2012. Elementos de estadística descriptiva: Una introducción para investigadores de la educación. Madrid: Editorial Académica Española.

Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Etcheverría Murgiondo, J. & Tejedor Tejedor, F. J. 2005. Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Desviación media
Inglés: 
Mean/ average deviation
Francés: 
Déviation moyenne
Alemán: 
Durchschnittsabweichung
Italiano: 
Deviazione media
Polaco: 
Odchylenie średnie
Portugués: 
Desvio médio
Ruso: 
Среднее отклонение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/desviacion-media, con data de acceso 20/05/2024).