Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Análise de varianza

Definición:

Tamén chamado ANAVA(R), en inglés, Anova(r) ou ANOVA(R).

En estatística, procedemento para verificar se a diferenza entre as medias de dous ou máis grupos é significativa. Por exemplo: deséxase comprobar se a utilización dun determinado material audiovisual na clase de lingua influirá no rendemento dun grupo de alumnos A (grupo experimental) con respecto a outro grupo B que non o utiliza (grupo de control). A análise de varianza empregarase para comparar as notas medias obtidas por A e B nun exame posterior (por exemplo, de vocabulario), e determinar así se a diferenza entre elas é significativa, isto é, se o feito de que o grupo A obteña unha puntuación media superior ao B se debe atribuír á utilización do material suplementario.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bachman, L. F. 1990. Fundamental Considerations in Language Testing. Oxford: Oxford University Press.

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.

Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Lowie, W. & Seton, B. 2013. Essential Statistics for Applied Linguistics. London: Palgrave.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Análisis de varianza
Inglés: 
Variance analysis
Francés: 
Analyse de variance
Alemán: 
Varianzanalyse
Italiano: 
Analisi della varianza
Polaco: 
Analiza zróżnicowania
Portugués: 
Análise de variância
Ruso: 
Анализ разницы
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/analise-varianza, con data de acceso 19/05/2024).