Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Aprendizaxe autónoma

Definición:

Tipo de aprendizaxe no que o estudante se responsabiliza do seu propio progreso e logra avances por si mesmo, especialmente fóra do ámbito da clase presencial. As características da aprendizaxe autónoma son as seguintes:

  1. O proceso de aprendizaxe debe adaptarse ás características individuais, ás necesidades específicas e aos estilos de aprendizaxe propios de cada alumno. Con iso perséguese que a aprendizaxe sexa máis efectiva e motivadora.
  2. Os discentes seleccionan as súas propias estratexias para os contidos de aprendizaxe. Isto pódese levar a cabo facilitando ao alumno o acceso a un centro de autoaprendizaxe ou un centro de acceso directo individualizado ao que poida acudir nun horario flexible e escoller o material de traballo que mellor se adapte ás súas necesidades.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Altman, H. B. & James, C. V. (eds.) 1980. Foreign Language Teaching: Meeting Individual Needs. Papers from the First Pergamon Institute of English Seminar. Oxford: Pergamon Press.

Brookes, A. & Grundy, P. (eds.) 1988. Individualization in Language Learning. Oxford: Modern English Publications and the British Council.

Dickinson, L. 1987. Self-Instruction in Language Learning. Cambridge: Cambridge University Press.

Holec, H. 1980. Autonomy and Foreign Language Learning. Strasbourgh: Council of Europe.

Wenden, A. 1991. Learner Strategies for Learner Autonomy. Englewood Cliffs, N J: Prentice Hall.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Aprendizaje autónomo
Inglés: 
Autonomous learning
Francés: 
Apprentissage autonome
Alemán: 
Autonomes Lernen
Italiano: 
Apprendimento autonomo
Polaco: 
Samodzielna nauka
Portugués: 
Aprendizagem autónoma
Ruso: 
Самостоятельное изучение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/aprendizaxe-autonoma, con data de acceso 12/05/2024).